Caen as vendas de PDA puros
luns, 27 de agosto do 2007
As vendas globais de PDA están a caer de xeito
importante nos últimos meses, de xeito que xa é o segundo trimestre consecutivo no que non chegan ó millón de unidades vendidas. AsÃ, entre abril e xuño só se venderon 718.000 PDA, o que supón un descenso interanual do 43,5%, o que indicarÃa que este tipo de dispositivos sen teléfono estarÃan en perigo de extinción, de xeito que a unificación dos PDA cos móbiles é xa unha realidade indiscutible.
O mercado de PDA segue dominado por Palm (co 44,1% das vendas) e seguido por HP (co 23,5%), Mio (co 13,6%), Dell (co 3,3%) e Fujitsu-Siemens (co 3,0%), aÃnda que hai que indicar que a presenza de Dell é anecdótica, pois o fabricante xa abandonou a fabricación de PDA puros e as súas vendas corresponderÃan ás unidades de saldo.