Caixanova abre estes venres as xuntanzas para un estudo estratéxico sobre a enerxÃa
xoves, 24 de maio do 2007
O Instituto de Desarrollo Caixanova abre este venres 25 no seu centro social na Coruña o seu vindeiro estudo do Foro de Estratexias Empresariais, que desta volta está dedicado á cadea de activadades da enerxÃa. O obxectivo é reunir a representantes do sector en Galiza nunha sesión que estará coordinada polo profesor Jorge Gurriarán, catedrático da Universidade de Vigo. A xuntanza contará coa participación de empresarios vinculados á produción de enerxÃa hidráulica, minihidráulica, eólica, biomasa e residuos, solar e xeotérmica. O grupo de traballo completarase coa presenza de responsables das compañÃas dedicadas á oferta de equipamentos e servizos de apoio.