Call of Duty en South Park
venres, 28 de novembro do 2008
A
popularidade do Call of Duty: World at War é tal que incluso
acaba de chegar a unha das series de animación máis relevantes nos EEUU: South
Park, que leva emitíndose de xeito ininterrumpido nese país dende 1997.
Nun
dos últimos capítulos da serie, os seus protagonistas, Kenny, Kyle, Cartman e
Stan, animan ao resto dos seus compañeiros a sabotear a clase de informática do
profesor Mackey para disfrutar da versión multixogador da nova entrega do xogo.
O
episodio pódese ver na web oficial da serie de televisión.
