Carballo contará con WiMAX comercial en xaneiro

xoves, 4 de decembro do 2008

A empresa Accesos Web Alternativos está a finalizar o plan de cobertura de Internet a través de WiMAX no concello de Carballo, de xeito que en xaneiro os veciños do casco urbano da vila poderán contratar accesos á Rede de banda larga a un prezo mensual de entre os 29 e os 99 euros ao que habería que engadir unha cota de alta de 98 euros. Deste xeito, particulares e empresas da zona poderán achegarse á sociedade da información a través de comunicacións de alta velocidade.

PUBLICIDADE