Case todas as empresas galegas de máis de 10 traballadores acceden á Rede

xoves, 16 de outubro do 2008

Os últimos datos do INE sobre o uso das TIC e o comercio electrónico nas empresas amosan que as empresas galegas están a prosperar, especialmente nas de 10 e máis empregados, que dispoñen case na súa totalidade de ordenador (97,8%), acceso á Internet (93,4%) e correo electrónico (91,9%). Nas conexións á Rede optan maioritariamente polo ADSL (87,1%).
3 de cada 4 empresas deste tamaño tamén contan con rede de área local (e un 29,7% dispón de rede sen fíos), aínda que só un 55% teñen páxina web (o que supón un incremento interanual do 6,6%).

PUBLICIDADE