Case un centenar de persoas participaron no CITIC na xornada sobre protección do software
mércores, 27 de febreiro do 2019
- De esquerda a dereita: o director científico-técnico da OTRI da UDC, José Mahía Saavedra; o adxunto a transferencia do Vicerreitorado de Política Científica, Investigación e Transferencia e investigador do CITIC, Fidel Cacheda; e o subdirector do CITIC, Javier Pereira
O
Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña
acolleu esta mañá un encontro para pór de relevo a importancia das
ferramentas informáticas como fonte de riqueza, excelencia e
coñecemento. Estamos
a falar da xornada formativa A protección do software. Dereitos
de autor e patentes, organizada conxuntamente coa Oficina de
Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da UDC e coa
colaboración da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e ZMB
Patentes y Marcas. O evento contou con case un centenar de
participantes.
En
detalle, o obxectivo do encontro foi “dar a coñecer as
posibilidades de protección do software dende un punto de vista
legal e estratéxico, así como impulsar o uso da información de
patentes no ámbito universitario”. Así, os participantes foron
principalmente do sector investigador, universitario e empresarial.
A
presentación da xornada foi a cargo do adxunto a transferencia do
Vicerreitorado de Política Científica, Investigación e
Transferencia e investigador do CITIC, Fidel Cacheda; o subdirector
do CITIC, Javier Pereira; e o director científico-técnico da OTRI
da UDC, José Mahía Saavedra. Interviñeron como conferenciantes o
técnico examinador de patentes da Oficina Española de Patentes e
Marcas, Juan Manuel Vázquez Burgos; o socio de ZBM Patentes y
Marcas, Carles Comes Federico; e a responsable área de Protección
de Resultados OTRI-UDC, María Isabel Docampo Ramos.