Castlevania terá unha serie animada en Netflix
xoves, 9 de febreiro do 2017
De xeito bastante discreto Netflix incluÃu no seu calendario
de lanzamentos para 2017 unha serie de
animación baseada no videoxogo Castlevania, que principiarÃa cunha tempada
de 4 episodios de media hora dos Frederator Studios escritos polo célebre
guionista de cómics Warren Ellis e que contarÃa con produtores executivos como
Kevin Kolde, Fred Seibert e Adi Shankar, sendo este último o que tamén adiantou
a través de Facebook que está prevista unha segunda tempada para 2018.
- Imaxe do xogo orixinal para NES
Castlevania será unha serie orixinal
de Netflix con distribución global na que contarán a historia fantástica do último
membro do clan Belmont na súa loita contra Vlad Dracula Tepe, vampiro que
ameaza a supervivencia da Europa oriental.
Coméntase que estariamos ante unha historia de elevada violencia inspirada non
no xogo de Castlevania orixinal,
senón en Castlevania III: Dracula’s Curse,
historia na que Trevor Belmont se enfronta a Drácula e ao seu exército de
monstros e que serÃa unha precuela do xogo orixinal.