Chantada quere contar cunha rede sen fíos de acceso á Internet

luns, 26 de outubro do 2009

Ao estar paralizada a rede WiMAX proxectada para a Ribeira Sacra e abrirse unha nova quenda no Plan E, o Concello de Chantada está a estudar a posibilidade de pór en marcha unha «rede propia para facer chegar un Internet de calidade a todo o noso medio rural» segundo o tenente de alcalde da vila, Alfonso Piñeiro.
Na actualidade están a solicitar información sobre o custo deste tipo de infraestrutura para dar banda larga o rural chantadino.

PUBLICIDADE