ChatGPT rexistra un millón de altas nunha hora
luns, 31 de marzo do 2025
- A xeración de imaxes ao estilo do estudio Ghibli converteuse en todo un fenómeno en redes sociais
Que ChatGPT é todo un fenómeno social que está a revolucionar o mundo é algo que ninguén discute, pero o impacto desta tecnoloxÃa parecÃa limitarse á interpretación e redacción de contido de texto, pero nos últimos dÃas, ao incorporarse un xerador de imaxes de seu (e non unha chamada externa a DALL-E) provocouse unha explosión de uso do chat de OpenIA, que nas redes sociais se fixo moi visible coa proliferación de imaxes moi coñecidas convertidas en ilustracións do estilo dos filmes de animación do Estudio Ghibli.
Pero no só as transformacións de fotografÃas en ilustracións con estilo xaponés están a causar furor, senón que moita xente está a crear imaxes en moitos outros estilos e con numerosos usos, de xeito que tanto hai que está a emular aos seus ilustradores favoritos, como hai que está a empregar efectos visuais de distinto tipo ou, simplemente, están aproveitar a tecnoloxÃa para xerar avatares e adhesivos para as redes sociais e incluso para elaborar as cada vez máis importantes miniaturas para os vÃdeos de YouTube.
Sam Altman chegou a dicir que a xeración de imaxes a través de ChatGPT está a ter unha demanda de proporcións bÃblicas, e detallou que nos 26 meses que leva ChatGPT connosco, dando lugar a moitos fenómenos virais, ningún conseguiu o impacto do actual, que xa impresionaba coa incorporación dun millón de usuarios en 5 dÃas... até que rexistraron un millón de altas nunha hora.
AÃnda que inicialmente o fenómeno de creación de imaxes ao estilo de Hayao Miyazaki causou admiración e rexeitamento por partes iguais (xa que moitos están a criticar o que consideran que é o roubo do traballo de toda unha vida), non podemos esquecer que estamos ante unha anécdota, e o importante é o salto evolutivo que demostra ChatGPT coa súa comprensión das imaxes, que pode rematar tendo un impacto moito máis profundo no noso dÃa a dÃa.