Chega ás tendas Resident Evil Requiem
venres, 27 de febreiro do 2026
Resident Evil Requiem, a novena entrega principal da emblemática serie de supervivencia e terror de Capcom, pode xa xogarse en PlayStation 5, Nintendo Switch 2, Xbox Series X|S e PC (Steam, Epic Games Store e GeForce NOW), marcando o regreso da acción a Raccoon City tres décadas despois do incidente que redefiniu o universo da franquÃa.
A nova aventura sitúase 30 anos despois da traxedia de Raccoon City e pon o foco en Grace Ashcroft, analista de intelixencia do FBI, que investiga unha serie de mortes no mesmo lugar onde a súa nai foi asasinada oito anos antes. A desaparición dun axente policial nun hotel da zona leva tamén ao escenario a Leon S. Kennedy, veterano membro da DSO. A converxencia de ambos personaxes obrÃgaos a afrontar o seu pasado mentres tratan de esclarecer a verdade sobre os feitos que mudaron o mundo para sempre.
Un dos elementos máis salientables desta entrega é a posibilidade de alternar libremente entre a perspectiva en primeira persoa, orientada a reforzar a inmersión, e a cámara en terceira persoa, pensada para ofrecer unha acción máis dinámica. Trátase da primeira vez que a saga permite cambiar de punto de vista en calquera momento da partida.
En canto ás edicións dispoñibles, o xogo comercialÃzase en versión estándar e Deluxe. Esta última inclúe o tÃtulo base xunto cun paquete adicional con cinco traxes exclusivos, catro aspectos para armas, dous filtros de pantalla e dous amuletos, entre outros contidos adicionais.
Resident Evil Requiem ofrece varios niveis de dificultade. O modo Casual incorpora asistencia de apuntado e unha maior tolerancia no dano recibido e na resistencia dos inimigos. Pola súa banda, o modo Standard (Classic) incrementa a tensión e recupera mecánicas tradicionais como o uso de cintas de tinta para gardar partida cando se controla a Grace, o que obriga a unha xestión máis estratéxica dos recursos e dos puntos de salvagarda.
A estrea chega acompañada de múltiples colaboracións e produtos especiais. Nintendo pon á venda un mando Pro de Switch 2 personalizado co deseño do xogo. Ademais, Grace e Leon converteranse nas primeiras figuras amiibo da historia da franquÃa, cun lanzamento previsto para o 30 de xullo de 2026.

- No verán poderemos adquirir figuras amiibo de Grace Ashcroft e Leon S. Kennedy
Tráiler de Resident Evil Requiem
