Classora estrea unha aplicación financeira para móbiles
luns, 7 de novembro do 2011- Classora Finance está dispoñible tanto para iOS como para Android
A base de coñecemento Classora, no seu esforzo para espallar
os seus contidos máis aló da súa páxina web, estreou nos últimos meses aplicación
para Facebook e incluso unha atractiva aplicación para
móbiles que achega clasificacións deportivas moi completas, e hoxe anuncian
avances na mesma liña, xa que nos últimos dÃas estrearon
a aplicación móbil Classora Finance, dispoñible para iPhone/iPod
Touch e Android,
e que permite explorar datos bolsistas históricos, en forma de rankings de empresas, para os Ãndices
IBEX-35, NASDAQ e Dow-Jones.
Classora Finance tamén incorpora listaxes de paÃses ordenados por diferentes
indicadores economico-financeiros (renta per cápita, PIB, taxa de paro...) e pode
considerarse coma un clon de Classora Sports, trasladando a ferramenta ao mundo
financeiro.
Os datos que achega Classora Finance das empresas que cotizan no IBEX-35, Dow
Jones, NASDAQ-100 e NASDAQ Composite son o número mensual de operacións de compra-venda de accións, o
prezo por acción a final de mes e a revalorización das accións mes a mes,
mentres que tamén facilita a consulta de informes como:
· Renta per cápita e PIB de paÃses segundo o Banco
Mundial
· PIB das comunidades autónomas
· Renta per cápita e PIB dos estados de EE.UU.
· Taxa de paro en todas as comunidades autónomas
de España, nos paÃses da UE, EE.UU. e Xapón
· Datos demográficos de paÃses segundo o Banco
Mundial
· Datos demográficos de concellos, provincias e
comunidades autónomas de España
· Infraestruturas como estradas pavimentadas,
pontes, trens de alta velocidade, aeroportos... segundo o Banco Mundial e
outras fontes oficiais
· Información sobre recursos naturais (como praias
con bandeira azul por comunidade autónoma)