Comedy Central presenta uns resultados espectaculares na publicación de vídeos na web

xoves, 17 de abril do 2008

A apertura á Rede de todos os episodios da serie South Park supuxo un importante paso para Comedy Central, que ve como está a experimentar un crecemento abraiante na web, achegando 35 millóns de vídeos no mes de marzo, o que supón un incremento do 60% con respecto ao mesmo período do pasado ano.
Aínda que non só South Park está a arrasar, senón que tamén o programa The Daily Show acadou un máximo histórico con 447.000 visitantes únicos en marzo.

PUBLICIDADE