Compartir a tarifa plana do iPhone co iPad con Movistar será de balde só o primeiro ano

xoves, 27 de maio do 2010

Este venres é o lanzamento oficial do iPad no mercado español, e Movistar xa publicou as súas tarifas para este dispositivo, precisando na súa web que a xente que queira compartir co novo trebello a súa tarifa plana de datos para iPhone ou outro smartphone (cunha conta mínima de 25 euros/mes) poderán facelo de balde durante os 12 primeiros meses, pasando a pagar logo 3 euros/mes, equiparándose a ofertas multi SIM doutros operadores.

PUBLICIDADE