Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Complétase a operación que permitirá a TikTok seguir operando nos EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Complétase a operación que permitirá a TikTok seguir operando nos EE.UU.

Redacción
Publicado: 23/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

f3d761dea1fbd4ff8e8d0ac1b84e4e08.jpgTikTok anunciou hoxe a creación de TikTok USDS Joint Venture LLC, unha nova sociedade establecida para dar cumprimento ás esixencias reguladoras impostas polo Goberno dos EE.UU. a través da orde executiva asinada polo presidente Donald Trump o 25 de setembro de 2025. A posta en marcha desta entidade permite que máis de 200 millóns de usuarios estadounidenses e arredor de 7,5 millóns de empresas continúen a empregar a plataforma no marco dun modelo de maioría accionarial estadounidense e baixo un conxunto reforzado de garantías de seguridade nacional.
A nova joint venture nace coa misión de protexer os datos dos usuarios dos EE.UU., as aplicacións e o algoritmo de recomendación mediante medidas integrais de privacidade e ciberseguridade. Entre os seus obxectivos figura tamén a salvagarda do ecosistema de contidos nos EE.UU., asumindo a autoridade en materia de políticas de confianza e seguridade, así como de moderación, cun sistema de rendición de contas baseado na transparencia e en certificacións independentes.
A información dos usuarios estadounidenses será xestionada nunha infraestrutura de nube segura situada nos EE.UU. e operada por Oracle. O programa de privacidade e ciberseguridade estará sometido a auditorías externas e cumprirase cos principais estándares do sector, incluíndo os do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), a norma ISO 27001 e os requisitos de seguridade da Axencia de Ciberseguridade e Infraestruturas (CISA).
A seguridade do algoritmo constitúe outro dos piares do proxecto. A joint venture será a encargada de volver adestrar, probar e actualizar o sistema de recomendación de contidos empregando datos de usuarios dos EE.UU., mantendo o algoritmo aloxado tamén na nube estadounidense de Oracle. Xunto a isto, aplicaranse protocolos específicos de seguridade de software, cunha revisión continua do código fonte e coa colaboración de Oracle como socio tecnolóxico de confianza.
A entidade terá capacidade decisoria plena sobre as políticas de moderación de contidos, co obxectivo de garantir un contorno seguro para usuarios, creadores e empresas. Ao mesmo tempo, manterase a interoperabilidade co ecosistema global de TikTok, de xeito que os creadores estadounidenses poidan seguir tendo visibilidade internacional e as empresas operar a escala global. As entidades estadounidenses de TikTok encargaranse, neste contexto, da interoperabilidade de produto e de determinadas actividades comerciais, como o comercio electrónico, a publicidade e o márketing.

Nova estrutura de mando

raul_shou.jpgA sociedade estará gobernada por un consello de administración de sete membros, de maioría estadounidense, no que figuran o conselleiro delegado global de TikTok, Shou Chew, así como directivos e investidores de firmas como Silver Lake, Susquehanna International Group, MGX e Oracle. A presidencia do comité de seguridade recae en Raul Fernandez, con ampla experiencia en tecnoloxía, risco e seguridade nacional.

adam_presser_1726809140549.jpg A dirección executiva da joint venture corresponderá a Adam Presser, nomeado conselleiro delegado polo consello como unha das súas primeiras decisións. Xunto a el, Will Farrell asumirá o cargo de responsable de seguridade, á fronte do programa integral de privacidade e ciberseguridade.
No apartado accionarial, Silver Lake, Oracle e MGX actúan como investidores xestores, cun 15 % cada un. O consorcio complétase con outros fondos e oficinas familiares de referencia no ámbito tecnolóxico e financeiro, mentres que ByteDance conserva unha participación do 19,9 %. As salvagardas establecidas pola nova entidade aplicaranse tamén a aplicacións como CapCut e Lemon8, ademais doutros servizos operados nos EE.UU.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026
Actualidade

Cinfo presenta un centro de control que xestiona máis de 700 eventos deportivos cada fin de semana

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?