Concedidos os premios ós proxectos de educación sobre consumo e TICs

venres, 11 de xaneiro do 2008

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as resolucións conxuntas, do Instituto Galego de Consumo (Consellería de Innovación e Industria) e da Consellería de Educación, nas que se conceden os premios ás mellores memorias dos proxectos de educación para o consumo na escola e os premios aos carteis elaborados por escolas de arte e bacharelatos artísticos, sobre consumo e novas tecnoloxías. No caso deste certame, premiáronse as mellores memorias dos proxectos de educación para o consumo na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor.

PUBLICIDADE