Condenan por asasinato ao creador do sistema de ficheiros ReiserFS

martes, 29 de abril do 2008

Durante a tarde do luns, un xurado do condado californiano de Alameda declarou culpable de asasinato en primeiro grado a Hans Reiser, por matar á súa ex-muller en 2006, sentenza que está a verse reflectida en multitude de páxinas web porque o homicida é un programa de Linux ao que debemos a creación do sistema de ficheiros ReiserFS.
O coñecido programador de 44 anos deberá enfrontar unha sentenza de 25 anos de cadea.

PUBLICIDADE