Conferencia sobre cine 3D en Santiago de Compostela

luns, 20 de outubro do 2008

Este martes dentro das xornadas profesionais do certame Curtocircuito que tearán lugar no Teatro Principal de Compostela, Enrique Criado impartirá unha MasterClass sobre o cine 3D estereoscópico, de acceso gratuíto previa inscrición.
A conferencia, integramente en 3D, abordará tanto os factores da rodaxe de imaxe real e da animación por ordenador como os aspectos estéticos e psicolóxicos da nova linguaxe audiovisual que introduce o cine tridimensional.

PUBLICIDADE