Conseguen incorporar o ñ e a ç ó teclado virtual do iPhone
venres, 14 de setembro do 2007
O hackeo
do iPhone non se limita á liberación do terminal telefónico de Apple para o seu
uso fóra dos EE.UU. ou para instalar aplicacións non oficiais, senón que tamén
serve para incorporar características ausentes e moi desexadas como a
incorporación das teclas ñ e ç ó seu teclado virtual.
A operación para
internacionalizar a interface de entrada de datos do iPhone é bastante complexa,
é consiste en engadir as dúas letras e editar o ficheiro gráfico que emprega o
móbil para amosalas en pantalla, aínda que é de agardar que nos modelos europeos
non sexa preciso facer tal operación.