Constitúese o Consello Galego de Intelixencia Artificial
venres, 25 de abril do 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, salientou hoxe o papel do Consello Galego de IA como órgano máximo de participación pública, privada e do ámbito académico no asesoramento e impulso da intelixencia artificial en Galicia. Corgos animou os membros do Consello a achegar propostas de mellora na planificación, xestión e avaliación das polÃticas públicas en materia de IA.
Durante o acto de constitución do Consello, celebrado na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, o conselleiro destacou que este novo organismo contribuirá a que a Administración autonómica desenvolva unha IA adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia, co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas, garantir o respecto aos dereitos fundamentais e favorecer a creación de riqueza e emprego.
Este labor de asesoramento estratéxico permitirá reforzar o obxectivo de aplicar a IA con eficacia e seguridade para a cidadanÃa. Miguel Corgos incidiu en que, coa colaboración do Consello e coa Lei de IA aprobada hai un mes no Parlamento, Galicia consolidará unha Administración con servizos públicos máis áxiles, personalizados, accesibles e seguros.
Neste sentido, subliñou tamén o papel do Consello na identificación de posibles barreiras e retos no deseño de sistemas de IA.
«Galicia xa está en condicións de adoptar as tecnoloxÃas de alto impacto, como o é a intelixencia artificial, para adaptala ás necesidades especÃficas da nosa terra», indicou o conselleiro, lembrando o éxito colectivo que supón ter sido escollidos para acoller a sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).