Consumo esixe a Telefónica que non cobre pola identificación de chamadas

luns, 22 de setembro do 2008

O ministro de Sanidade e Consumo, Bernat Soria, anunciou que o Instituto Nacional de Consumo «requiriu a Telefónica o cese do cobro de identificación» de chamadas, ao tempo que advertiu de que se a compañía continúa con esta práctica presentará «un recurso de cesación por cláusula abusiva», ou sexa, se reclamará o cese da actividade «antes de que haxa unha resolución xudicial ou unha arbitraxe entre partes resolta».
Soria declarou que o cobro da identificación de chamada por parte de Telefónica sería «unha práctica ilegal» pois consideran que vulnera a Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.

PUBLICIDADE