Convocados os Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información

mércores, 30 de maio do 2007

As Consellerías de Innovación e Industria e Educación e Ordenación Universitaria veñen de anunciar a convocatoria (en vindeiras datas) dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información. O obxectivo destes galardóns (que contan cunha importante dotación económica) é promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade, impulsar o coñecemento do software libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e a comunicación no seu traballo cotián.
Na dita convocatoria poderán participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos.

PUBLICIDADE