Convocan a primeira conferencia para desenvolvedores para móbiles en Galicia
xoves, 27 de outubro do 2011

- O evento terá lugar no Edificio CERSIA (Santiago de Compostela)
O 9 de decembro celebrarase no Edificio
CERSIA de Santiago de Compostela a primeira edición de
MobileCONGalicia, un evento dirixido a desenvolvedores de aplicacións
móbiles, startups orientadas ao mundo
dos móbiles, axencias de desenvolvemento de aplicacións para móbiles e xefes de
proxecto/directores de produto de empresas que estean a planear a migración das
súas plataformas empresariais, de marketing
e de comercio electrónico ao mundo da mobilidade.
Estamos ante o primeiro encontro deste tipo que ten lugar en Galicia, buscando
converterse nun referente do sector e servindo de punto de encontro da
comunidade de desenvolvedores para móbiles que hai en Galicia, asà como
contribuÃr á súa formación, para o que contarase coa presenza de relatores de primeira fila que
a través de charlas amenas e prácticas compartirán a súa experiencia cos
asistentes. Dos 9 relatorios de MobileCONGalicia xa están confirmados 5, nos
que participarán MartÃn Pérez (TROPO), Alberto Ruibal (Mobialia), Eugenio
Estrada, Jordi Bonet e Hermes Piqué (Robot Media).
A xornada pecharase coa celebración de AppCircus, un evento internacional que
premia as mellores aplicacións móbiles e que chega a Compostela tras o seu paso
por Madrid e Barcelona. Este evento é de balde, e durante a súa celebración servirá
para presentar as 10 mellores aplicacións seleccionadas entre todas as
presentadas, para que un xurado internacional elixa unha gañadores que terá a
oportunidade de optar aos Mobile Premier Awards 2012 que se celebrarán no
Mobile World Congress de Barcelona.
O MobileCONGalicia celébrase grazas ao patrocinio de TROPO, Blusens e o
Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración de Iniciador Galicia,
Startup Weekend e o Instituto del
Emprendedor.
