Crean un wiki para aglutinar coñecemento sobre os montes veciñais

xoves, 27 de xuño do 2013 Redacción

Varios colectivos galegos emprenderon o proxecto O Monte é noso: sachando procomún, dende o que lanzan un novo xeito de achegar o coñecemento que existe arredor dos montes veciñais en man común en formato wiki, para poder definir así de xeito colaborativo os principais termos relacionados cos montes veciñais.
Esta iniciativa exponse como un espazo onde compartir coñecemento dun xeito participativo e aberto a través dun Glosario para ver e ampliar os termos definidos, no que como mostra podes ver unha completa descrición do que son os Montes Veciñais en Mancomún.
Dende este proxecto aspiran a revitalizar os montes en man común, buscando tender pontes con outras formas de facer e pensar o común, como é o software libre, de aí que aposten por ferramentas como un wiki para desenvolver contidos que axuden a acadar os seus obxectivos.

A nova ferramenta está desenvolvida empregando software libre</A>

PUBLICIDADE