Crean unha nova editorial dixital para obras en lingua galega

venres, 18 de maio do 2007

A Asociación de Escritores en Lingua Galega iniciará un novo proxecto para o deseño e implementación dunha páxina web que permita a recepción dixital de borradores e a súa valoración colectiva para decidir a súa publicación en Rede das obras escollidas por parte da nova editorial dixital AELG Editora, que vén de ser creada a través dun convenio asinado por Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, e Fernando Blanco, conselleiro de Innovación.

PUBLICIDADE