Cuatro prepara un concurso no que os espectadores poden participar a través do móbil
venres, 14 de xullo do 2017
O
vindeiro 20 de xullo a canle de televisión Cuatro vai iniciar a emisión de
El Concurso Winapot, un espazo
televisivo pioneiro que estará presentado por Maik Alexandre e Elena de José,
quen guiarán aos espectadores a través de diferentes xogos que teñen
dispoñibles a través dunha aplicación móbil de balde que facilita a súa
participación en directo dende calquera lugar, podendo optar a facerse con
premios económicos.
A aplicación de Winapot é unha
creación de Winazar Games, compañÃa que conta coa galega Yaiza Canosa como
directora de expansión, e ofrece a posibilidade de participar en pequenos xogos
casual como Combina Tres ou Máis (cunha mecánica semellante á de Bejeweled ou Candy Crush Saga), Acerta e
Gaña (no que haberá que responder a numerosas preguntas elixindo entre
varias respostas posibles e podendo empregar vantaxes como pistas ou a
eliminación de posibles respostas) e O
Fotopanel (no que hai que procurar adiviñar o nome da persoa que se agocha
tras un panel que irá desvelándose pouco a pouco).
A aplicación móbil permite competir en directo, pero tamén conta coa
posibilidade de adestrar cando non se estea a emitir o concurso en televisión.
Quen queira ir botando un ollo a esta curiosa proposta, a aplicación Winapot – Compite contra toda España xa
está dispoñible
para a súa descarga a través da App Store e de
Google Play.
VÃdeo promocional de El Concurso Winapot
