Cultura anuncia unha plataforma de contidos legais na Internet

martes, 17 de novembro do 2009

Aparte do anuncio do acceso á Rede a 1 Mbps coma servizo universal en 2011, o FICOD tamén serviu para que a ministra de Cultura, Ángeles González Sinde adiantase que antes de rematar o ano lanzarán «unha plataforma de acceso a contidos legais», buscando ser respectuoso cos dereitos individuais e fuxindo da criminalización dos usuarios.
Este modelo adoptará «as mellores ideas postas en práctica noutros países pero dende a nosa perspectiva, dirixido a aumentar a oferta legal de contidos na Internet».

PUBLICIDADE