Cultura busca apoios para a súa nova canle de TDT
luns, 15 de decembro do 2008
O Ministerio de Cultura proxecta
a creación dunha canle de TDT que tamén se poida seguir en América
Latina, polo que solicitou un compromiso de apoio económico aos responsables
das principais fundacións culturais de España dependentes de Telefónica, Banco
Santander, BBVA, Caja Madrid e Mapfre, entre outras.
A nova canle comezaría a operar en 2010, xa conta con Pere Roca coma director,
e ten consignado 1 millón de euros como orzamento para 2009.