Curso práctico de SIX con gvSIG na UDC

venres, 13 de marzo do 2009

O laboratorio CartoLab da Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC organiza un Curso práctico de Sistemas de Información Xeográfica, co que pretenden que os asistentes obteñan unha visión global dos SIX e aprendan, a través de actividades prácticas orientadas á enxeñería civil, as nocións básicas para o manexo dos instrumentos de análise territorial. Farase uso principalmente da aplicación gvSIG, terá unha duración de 20 horas e desenvolverase na Aula de Informática da Escola de Caminos os días 25, 26 e 27 do presente mes.

PUBLICIDADE