Curtis estrea rede WiMAX

xoves, 21 de febreiro do 2008

Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, presidiu hoxe o acto de inauguración da implantación da rede de comunicación sen fíos WiMAX no Concello de Curtis mediante un convenio de colaboración cun orzamento de 83.000 euros.
Veiguela destacou a necesidade da cidadanía galega de acceder á Internet e tamén aproveitou o acto para anunciar a posta en funcionamento dunha aula de dinamización da Sociedade da Información no concello coruñés.

PUBLICIDADE