DATAlife Hub de Innovación Digital (DIH) executará un proxecto europeo de transformación de pemes
mércores, 14 de decembro do 2022
DATAlife
Hub de Innovación Dixital (DIH), que preside Pablo Álvarez
Freire, celebrou este
mércores 14 de decembro
en Santiago de Compostela a súa quinta asemblea
xeral
ordinaria,
onde destacou a relevancia da posta en marcha a partir do vindeiro
mes de xaneiro do proxecto apoiado pola Comisión Europea: European
Digital Innovation Hub.
DATAlife
Hub de Innovación Digital está listo para impulsar esta iniciativa
que conta con case seis millóns de orzamento a executar no vindeiros
tres anos e cuxo obxectivo será a transformación dixital das pemes
dos sectores clave vinculados ás cadeas de valor agro-mar,
alimentación, biotecnoloxía, forestal-madeira e saúde-coidados.
“Traballamos
e
seguiremos a
traballar
para que as empresas galegas de sectores estratéxicos
para a economía de Galicia sexan
competitivas nun
entorno global”, destacou Pablo Álvarez Freire.
Á
reunión de traballo
de DATAlife Hub de Innovación Dixital acudiron representantes dos
dezaoito asociados do propio Hub. A Axencia Galega de Innovación
(GAIN) estivo representada por Patricia Fernández Liz, directora da
área de Servizos da axencia dependente da Xunta, quen destacou “o
traballo
realizado por DATAlife ao
longo de
2022 nos
distintos sectores clave para a economía galega”.
Os
participantes
na asemblea
ratificaron a entrada como socio de DATAlife de Noso Capital, a
primeira xestora de capital privado-galega. A firma inversora
exercerá como axente de coñecemento para as empresas socias de
DATAlife e achegará a súa experiencia en proxectos de innovación
que podan achegar un valor diferencial. Noso Capital xestiona dous
fondos:
Bio & Tech Smart Capital,
centrado nos sectores biotecnolóxico e tecnoloxías da información,
e Noso Capital I FCE, orientado á captación de investimentos
para as pemes
galegas.
A
xornada serviu para facer balance do traballo e as actividades de
DATAlife durante todo o ano 2022. O Hub de Innovación Dixital puxo
en marcha e impulsou cinco obradoiros especializados do IGAPE que
finalizaron en setembro; o proxecto HIBA para a dixitalización do
sector primario e o convenio de infraestrutura coa Axencia Galega de
Innovación. Tanto o proxecto HIBA como a colaboración con GAIN
seguirán tendo vixencia e continuidade o vindeiro ano 2023.
DATAlife
tamén presentou e aprobou o orzamento e o plan de actividades para o
ano 2023, facendo fincapé sobre iniciativas que se porán en marcha
a partir do vindeiro ano grazas á concesión do proxecto apoiado
pola comisión europea: EDIH. Un orzamento de seis millóns de euros
permitirá o despregamento da carteira de servizos para acelerar a
transformación dixital das empresas da cadea de valor de agro-mar
alimentación,
forestal-madeira,
saúde-coidados
e biotecnoloxía
en Galicia.