DMM leva o porno en alta definición á PS3
xoves, 6 de agosto do 2009
Aproveitando o potencial multimedia da PlayStation 3, o servizo DMM.TV achégase á consola de alta definición de Sony a través dun disco Blu-ray que distribúen de balde, e que incorpora unha aplicación para abrir o acceso a unha ampla variedade de servizo entre os que está o acceso a contidos pornográficos de alta definición mediante descarga e streaming.
O servizo é de pago, está dispoñible no Xapón, e precisa de que a PS3 estea conectada á Internet a través dunha liña de banda larga.