David Lago, do IES Pedro Floriani de Redondela, terceiro clasificado e medalla de ouro na OlimpÃada Informática Española
luns, 7 de abril do 2025
A XXIX OlimpÃada Informática Española (OIE) celebrouse esta fin de semana na Facultade de Informática da Coruña (FIC-UDC), organizada polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) e a Universidade da Coruña (UDC). A cita, que foi a primeira vez que se desenvolve na nosa terra, contou coa participación de 41 estudantes (36 mozos e 5 mozas) de todo o ámbito estatal, seleccionados entre os mellores talentos en programación.
Trátase dunha competición de programación algorÃtmica destinada a estudantes de ensinanza secundaria e bacharelato de toda España. O seu obxectivo é fomentar o talento en informática e a resolución de problemas computacionais, preparando aos mozos e mozas para retos académicos e profesionais de alto nivel.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes outorgou premios económicos aos 10 primeiros clasificados e ás dúas mellores mulleres clasificadas. Os estudantes que obtiveron premio de 1.000 euros foron os clasificados en primeiro, segundo e terceiro posto. Os estudantes que obtiveron premio de 750 euros foron os clasificados en cuarta, quinta e sexta posición; e os estudantes que recibiron de premio 500 euros foron os clasificados en sétima, oitava, novena e décima posición.
Gañadores da OIE
Medalla de ouro
• 1º clasificado: Ricardo Batanero Moranchel (Cataluña): 1.000 euros
• 2º clasificado: Andrii Basov (Cataluña): 1.000 euros
• 3º clasificado: David Lago Alonso: 1.000 euros
• 4ª clasificada: Eulà lia Gaya Bretones (Cataluña): 750 euros + 1.000 euros (premio para as mellores participantes femininas)
Medalla de prata
• 5º clasificado: Marc Bru Montoya: 750 euros
• 6º clasificado: Rodrigo Nieto Petinal: 750 euros
• 7º clasificado: Guillem Vizcarro Sánchez Del Valle: 500 euros
• 8º clasificado: Héctor Verdeal RodrÃguez: 500 euros
Medalla de bronce
• 9ª clasificada: Ariadna Franch Pérez: 500 euros + 1.000 euros (premio para as mellores participantes femininas incluÃdo)
• 10º clasificado: Daniel GarcÃa Carretero: 500 euros
• 11º clasificado: Pablo Madueño Vega
• 12º clasificado: Jaime MartÃnez Torrente
Os catro primeiros clasificados (medallas de ouro) compoñerán a delegación española que participará na OlimpÃada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).
A OIE 2025 estivo patrocinada por: Conferencia de Directores y Decanos de IngenierÃa Informática (CODDII), Aula Escola Europea, Sociedad CientÃfica Informática de España (SCIE), Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes, Consejo General de Colegios Profesionales de IngenierÃa Informática (CCII), Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións de Galicia (CITIC), Turismo de Galicia, Cátedra Aldaba WIB, BahÃa Software, Clúster TIC, Crowdstrike, DXC, Gadis e NTT Data, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e Turismo da Coruña.
A OlimpiÃda Informática Española de 2026 celebrarase na Universidade de Valladolid.