Denodo achega a Web 2.0 ás empresas

luns, 29 de outubro do 2007

A Web 2.0 non é algo que xire só ó redor dos usuarios domésticos, senón que as empresas tamén poden aproveitarse do fenómeno, para o que existen solucións de empresas como a galega Denodo Technologies, que conta cunha plataforma de Data Mashup que permite acceder á información contida en aplicacións web, bases de datos, XML, follas de cálculo, documentos, HTML estático e páxinas web, procesando toda esa información e ofrecéndolla á empresa para axudar na toma de decisión.
Para permitir un achegamento a tal solución, Denodo participará nun evento en Madrid o vindeiro día 15 de novembro baixo o título Data Mashups: tendendo pontes coa Web 2.0.

PUBLICIDADE