Denuncian a falta de cobertura da banda larga e a TDT no Courel
luns, 12 de abril do 2010
O colectivo veciñal SOS Courel está a denunciar que o proxecto de rede WiMAX que comezou no Courel e que tiña previsto espallarse polo sur de Lugo, está a ser abandonado pese a que contou cun investimento de 200.000 euros, deixando á zona sen acceso á Internet de banda larga. Os veciños tamén protestan pola falta de cobertura da Televisión Dixital Terrestre, pois no Courel só pode recibirse a TDT con normalidade nos núcleos de Folgoso e Seoane.