Detectan un importante fallo de seguridade no navegador web do iPhone

mércores, 18 de xullo do 2007

Os laboratorios SPI detectaron un fallo de seguridade no navegador web Safari incorporado no iPhone de Apple valéndose da capacidade do teléfono para marcar directamente os números telefónicos que se ven nunha web.
Así, sería posible facer código malicioso que reenvíe unha chamada a números indesexados, rastrexar as chamadas efectuadas polo usuario, manipular o terminal para que faga chamadas sen o consentimento do usuario e impedir que se marquen números telefónicos no iPhone (bloqueando o terminal).

PUBLICIDADE