Deteñen a un menor por difundir unha tradución ó francés o último libro de Harry Potter
xoves, 9 de agosto do 2007
Detiveron a un mozo de 16 anos da rexión francesa
de Marsella por difundir
presuntamente pola Rede unha tradución pirata ó francés do último libro de
Harry Potter, que non sairá á venda traducido ata o vindeiro 27 de outubro.
A detención atende a unha denuncia presentada pola editorial Gallimard, e tamén
pecharon a web dende a que se podÃa acceder ó texto traducido, continuando as
investigacións sobre o asunto, que poderÃa rematar con sancións ós acusados por
esta violación dos dereitos de reprodución da obra de J.K. Rowling.