Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous estudantes galegos poñen en marcha a web PoliticAhora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous estudantes galegos poñen en marcha a web PoliticAhora

Raquel Noya
Publicado: 28/03/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Diego Mo e Cesáreo Pereira
De esquerda a dereita, Diego Mo e Cesáreo Pereira
Cesáreo Pereira e Diego Mo son dous estudantes da Universidade de Vigo que un bo día decidiron pecharlles a boca a todas aquelas persoas que espallan cos seus comentarios o mito de que “aos universitarios non lles interesa a política”, botando man, para iso, da ferramenta que neste intre mellor se adapta a unha fazaña de tal calibre: unha plataforma na Rede.
A web que xurdiu desta idea é PoliticAhora, e está chamada a servir de plataforma obxectiva coa que achegarlle a política á cidadanía sen estar condicionada pola ideoloxía dun partido político e “facendo que as ideas de cadaquén sexan froito da súa reflexión persoal”, afirman os seus desenvolvedores no DUVI.
politicaahora2.jpgNeste diario dixital tamén se indica que Pereira e Mo déronse a coñecer a través das redes sociais e fixeron do boca a boca “o seu mellor recurso publicitario”, para, posteriormente, lograr crear unha rede de participación a nivel nacional demostrando “que no eido universitario é imposible ser apolítico”, afirman.
A plataforma, que está desvinculada de calquera partido ou ideoloxía, comezou sendo un blog dende o que os autores se dirixían aos internautas da contorna universitaria porén, “a obxectividade e a calidade dos artigos”, (os motivos que achegan dende o DUVI para xustificar as visitas recibidas), fixeron que os blogueiros decidiran subir un chanzo e crear unha web de seu dende a que dirixirse a máis público.
Malia que Pereia e Mo comezaron sos nesta andaina, PoliticAhora xa ten actividade alén dos nosos lindes, e segundo afirman os estudantes, contan coa colaboración activa de amigos e coñecidos das universidades de Barcelona, Madrid, Granada, Valladolid e Santiago de Compostela, formando, nas súas palabras, “pequenos grupos de estudantes que colaboran enviando artigos para a web, que posteriormente revisamos e publicamos, sempre e cando manteñan a obxectividade e sexan respectuosos”, aclara Mo.
A web, que estes días ferve con todo tipo de información e comentarios sobre a Folga do 29M, achega unha interesante entrevista realizada polos autores a Mario Conde, e vai dar acollida, en breve, a unha entrevista a Gaspar Llamazares, que a ben seguro non deixará pasivo a ningún lector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?