Dous investigadores do CITIC, presentes en AIME 2017

mércores, 28 de xuño do 2017 Redacción

O pasado 23 de xuño, os investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) Jorge Novo e Joaquim de Moura, participaron no congreso AIME 2017 que se celebrou en Viena. AIME, para quen no o saiba, é un evento internacional sobre intelixencia artificial no sector do medicamento, en palabras do Centro da Universidade da Coruña “unha oportunidade única para coñecer e mellorar o estado actual da intelixencia artificial e a aprendizaxe das máquinas no devandito sector desde perspectivas teóricas, metodolóxicas e de aplicación”.
AIME contou cun consorcio doutoral, obradoiros, titorías, traballos e conferencias. Nestas últimas participaron Jorge e Joaquim co seu relatorio sobre Identificación automática das rexións cistoides intraretinais en tomografía por coherencia óptica. Segundo informou o Centro, a presenza de investigadores do CITIC en congresos internacionais “fai patente a filosofía do centro de apostar polo intercambio de coñecementos e experiencias para mellorar nosa I+D”.

PUBLICIDADE