EMI chega a un acordo con YouTube

venres, 1 de xuño do 2007

A compañía musical EMI pechou un acordo con YouTube para permitir que os vídeos musicais da discográfica se poidan ver no servizo de vídeos de Google.
Dende EMI sinalaron que traballarán con Google para o deseño de novos modelos de negocio que permite incorporar de xeito legal vídeos e actuacións dos seus artistas en YouTube, mentres que dende YouTube se comprometeron a compensar economicamente ós artistas polo consumo dos seus contidos no seu servizo.
Con este acordo, os seguidores de David Bowie, Coldplay ou Fat Boy Slim poderán continuar a velos en YouTube sen medo a que EMI tome medidas legais (aínda que a discográfica poderá solicitar a eliminación dalgúns contidos se o considera preciso).

PUBLICIDADE