Ednon celebra a primeira edición do seu Concurso de Xeración de Ideas
xoves, 18 de abril do 2013

- Roberto Espina (director xeral de Ednon), David Viqueira, Benjamín Enríquez e Jose Manuel García (traballadores galardoados de Ednon) e Francisco Bao (presidente de Ednon)
A empresa galega Ednon
celebrou este mércores o acto de entrega do premio correspondente ao
seu Concurso de Xeración de Ideas, que se desenvolvía na súa
primeira edición. A través deste certame, Ednon desexa premiar as
ideas orixinais dos seus traballadores que poidan converterse en
produtos ou servizos innovadores no eido das Tecnoloxías da
Información e a Comunicación (TIC). A firma, que incrementou nos
últimos anos a porcentaxe de I+D+i na súa facturación, encamiña
os ditos galardóns a transmitir á propia organización as vantaxes de constituírse como empresa innovadora,
fomentando a súa participación e implicación no proceso de
innovación.
A apertura do acto, que tivo lugar na
sede central de Ednon en Santiago de Compostela, estivo a cargo do
seu presidente, Francisco Bao, que destacou que “seguiremos
investindo en I+D+i. queremos que a innovación forme parte do ADN de
Ednon, que todos os traballadores poidan achegar e desenvolver as
súas ideas”.
Tras a lectura da acta do xurado, que
estivo formado por representantes de Ednon e Gradiant (Centro
Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), Francisco Bao e
Roberto Espiña fixeron entrega do Primeiro Premio, dotado con mil
euros, ao equipo formado polos empregados de Ednon Benjamín
Enríquez, David Viqueira e José Manuel García. A idea galardoada
consiste na proposta dunha aplicación móbil para o sector da
e-saúde, sendo seleccionada por “cumprir cos criterios de
orixinalidade, viabilidade tecnolóxica e adaptación á estratexia
de comercialización da empresa”.
