El Corte Inglés lanzará a súa compañía de telefonía móbil en setembro

venres, 25 de maio do 2007

A cadea de tendas El Corte Inglés estrearase coma Operador Móbil Virtual (OMV) o vindeiro mes de setembro, empregando a rede de Telefónica como infraestrutura para dar servizo ós seus clientes, que contará como principal baza a súa distribución a través dos máis de 60 centros que ten a compañía en España. Neste momento estase a traballar na elección do nome do novo operador de telefonía móbil.
O lanzamento do OMV de El Corte Inglés coincidirá no tempo coa entrada no negocio de British Telecom e Gobalia (empresa que se dirixirá ós turistas coa operadora Pepe Mobile), polo que se agarda que o aumento de competencia se traduza nunha guerra de prezos que beneficie ó consumidor.

PUBLICIDADE