ElPaís.com conta cunha nova directora

luns, 10 de setembro do 2007

Prisacom, división de medios dixitais do Grupo PRISA, reforza a súa estrutura editorial nomeando a Lydia Aguirre coma directora de ElPaís.com, situando a Vanessa Jiménez coma subdirectora.
Lydia Aguirre, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid estaba a traballar na dirección de Comunicación do Grupo Prisa e comezara a súa carreira proferional en 1988 no diario Ya, pasando por Cinco Días e outros cargos relacionados ás seccións económicas, mentres que Vanessa Jiménez, licenciada en Ciencias da Información da Universidade de Navarra, coordinara ElMundo.es entre 1996 e 2000, e viña a ocupar o cargo de redactora xefe de ElPaís.com dende 2000.

PUBLICIDADE