Elena Hernández (CITIC) destaca o papel da IA como ferramenta para impulsar o emprego verde
martes, 31 de marzo do 2026
Elena Hernández Pereira, investigadora do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, participou o pasado 27 de marzo na conferencia Emprego verde no monte galego, organizada polo bufete Zeres Abogados no CÃrculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.
O encontro reuniu a persoal experto do ámbito forestal, tecnolóxico e operativo para analizar os retos e oportunidades do sector no contexto da transición ecolóxica. Durante a xornada, Elena Hernández interveu como representante do CITIC, achegando a visión da intelixencia artificial aplicada á sustentabilidade e a xestión forestal.
No seu relatorio, a investigadora incidiu no potencial da IA como ferramenta clave para impulsar o emprego verde, mellorar a protección dos bosques e reforzar a loita contra o cambio climático. Asà mesmo, destacou o seu papel na prevención e xestión de incendios forestais, un dos principais desafÃos do territorio galego.
Elena Hernández presentou o proxecto ATEMPO, do que é investigadora principal, centrado en mellorar a eficacia na resposta ante emerxencias en áreas transfronteirizas entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal. Este proxecto aposta polo uso de tecnoloxÃas avanzadas, como a intelixencia artificial, para optimizar a coordinación e a toma de decisións en situacións crÃticas.
A xornada contou tamén coa participación de Juan Picos, profesor da Universidade de Vigo, quen abordou o papel estratéxico do sector forestal en Galicia, e de Javier Silleda, bombeiro forestal, que achegou a perspectiva operativa sobre a prevención e extinción de incendios.
