En Quebec queren evitar a venda de xogos que non estean traducidos ao francés

luns, 6 de abril do 2009

Unha iniciativa gobernamental para promover o francés en Quebec prohibe a comercialización de videoxogos que só estean en inglés se vai estar dispoñible unha versión en francés, medida da que non coñecemos precedentes a nivel mundial e que podería animar a algunhas compañías a mellorar a localización dos seu produtos, aínda que podería afectar ás vendas locais (pois os usuarios poderían optar por adquirir fóra a versión en inglés en vez de agardar á tradución).

PUBLICIDADE