En xullo aprobarán nun novo plan para impulsar a TDT en España

xoves, 14 de xuño do 2007

Francisco Ros, secretario de Estado das Telecomunicacións, anunciou que están a preparar un plan maestro de tránsito á TDT que se aprobará en xullo e que incluirá apagado selectivo da televisión analóxica para dar un maior pulo á Televisión Dixital Terrestre e “evitar o colapso de última hora” no apagón definitivo previsto para 2010.
Para as novas medidas agárdase que determinen entre 4 e 6 demarcacións en España, para designar os ritmos de transición á TDT, aínda que a incorporación da nova televisión está a ser moi lento, de xeito que na actualidade só suma unha audiencia do 6% e está a ser moi criticada pola baixa calidade dos seus contidos.

PUBLICIDADE