
A Comisión poderá solicitar a retirada de contidos ou incluso o peche de páxinas web que aloxen ou enlacen contidos sen autorización dos seus titulares, comezando o proceso cunha solicitude do titular dos dereitos ante o Xulgado Central do Contencioso Administrativo, nun proceso que debería durar 20 días, o que poderemos comprobar en breve, pois esta mesma mañá o músico Eme Navarro, crítico coa Lei Sinde-Wert, presentou a primeira notificación contra máis de 200 sitios web que enlazaron a unha canción súa con copyright, co que pretenden por en evidencia a ineficacia desta nova normativa. Este mecanismo para pór en evidencia a lei anti-piratería xurdiu da páxina web Wertdeenlaces, que insta á desobediencia civil para denunciar os abusos que supón antepor os intereses da industria cultural aos dereitos fundamentais dos cidadáns.
Existen tamén moitas dúbidas sobre que a Lei Sinde-Wert poida manterse a longo prazo, pois xa foi recorrida ante o Tribunal Supremo e hai moitas dúbidas sobre a súa constitucionalidade, por deixar en mans dun organismo administrativo unha materia propia de órganos xudiciais.
Entra en vigor a Lei Sinde-Wert
Compartir Este Artigo
