Entregados os premios ás webquest ás actividades de ensinanza sobre sexualidade

mércores, 4 de xullo do 2007

As Consellerías de Educación e Sanidade veñen de entregar os premios ás webquest sobre educación afectivo sexual para profesorado. Nestas webquest, que consisten en actividades de ensinanza e aprendizaxe en liña, impuxéronse finalmente Belén Vázquez con Vou ter un irmán, pero como? (categoría de Infantil e Primaria), Marcelino Veiguela e Esther Mato con Amar na diversidade, vivir na igualdade e Cristina Sancristán con E agora qué? (categoría de ensino secundario). Os primeiros premios por cada modalidade consisten nun computador portátil e os segundos nunha PDA.

PUBLICIDADE