Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Epic Games derrota a Apple xudicialmente nos EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Epic Games derrota a Apple xudicialmente nos EE.UU.

Marcus Fernández
Publicado: 30/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gp0qntjwaaa8ego.jpgUn tribunal federal dos Estados Unidos ditou unha sentenza contundente contra Apple polo seu comportamento anticompetitivo na App Store, tras considerar que a compañía incumpriu de forma intencionada unha orde xudicial emitida en 2021. A xuíza Yvonne Gonzalez Rogers ditou este martes que Apple violou de xeito deliberado a medida cautelar que pretendía poñer freo ás prácticas monopolísticas da empresa na súa tenda de aplicacións.
Na resolución, de 80 páxinas, a xuíza acusa Apple de frustrar os obxectivos da orde mediante a imposición de novas taxas e obstáculos que continuaron dificultando a competencia. Ademais de sancionar a compañía, remitiu o caso á Fiscalía dos Estados Unidos para unha investigación penal por desacato ao tribunal.
O litixio remóntase a 2020, cando Epic Games demandou Apple polas comisións e restricións impostas na App Store. A xuíza sinala que Apple actuou para preservar milleiros de millóns de dólares en ingresos, disfrazando como cumprimento o que na realidade era un intento coordinado de burlar a orde xudicial. Documentación interna e testemuños revelaron contradicións evidentes coas declaracións públicas da empresa.
Segundo a sentenza, o vicepresidente de Finanzas, Alex Roman, mentiu baixo xuramento. Mentres Phil Schiller, membro destacado da empresa, defendía cumprir a orde, o conselleiro delegado Tim Cook decidiu apoiar o equipo financeiro liderado por Luca Maestri para manter os ingresos, desoíndo as indicacións do tribunal. «Cook escolleu mal», escribiu literalmente a xuíza Gonzalez Rogers.
Entre as prácticas censuradas, o tribunal prohibiulle a Apple seguir cobrando unha comisión do 27 % polas compras externas e ordeoulle cesar de inmediato as interferencias na comunicación entre desenvolvedores e usuarios sobre métodos de pagamento alternativos.
A xuíza criticou duramente o uso de pantallas de aviso a pantalla completa (alcumadas scare screens) para disuadir os usuarios de abandonar o sistema de pagamentos da App Store, a obrigatoriedade de empregar ligazóns estáticas (non dinámicas) para métodos alternativos e a política de seguir reclamando comisións por compras realizadas fóra da App Store.
Estas decisións de deseño foron, segundo o tribunal, deliberadamente pensadas para dificultar o proceso e limitar a conversión de usuarios, socavando a intención orixinal da orde: permitir unha competencia real no ámbito dos pagos dixitais. «A resposta de Apple desafía toda credibilidade», concluíu a xuíza, describindo o comportamento da empresa como un intento evidente de esquivar a autoridade xudicial.

Volve Fortnite ao iPhone nos EE.UU.

490439766_17888199399235475_2371556898294725440_n.jpgPoderiamos estar ante o remate dun conflito que xa leva 4 anos, 4 meses e 17 días, como apunta Tim Sweeney, director xeral de Epic Games, quen tamén asegura que grazas á nova sentenza xudicial Fortnite volverá á App Store para iPhone nos EE.UU. a semana que vén, e apunta que se Apple traslada as medidas impostas xudicialmente nos EE.UU. ao resto do mundo Epic cesará os enfrontamentos xudiciais con Apple, o que sería o máis beneficioso para usuarios e desenvolvedores, xa que a fragmentación internacional das condicións das tendas de aplicacións provoca bastante confusión, e parece inevitable que en futuros litixios fóra de EE.UU. o resultado rematase concluíndo que Apple abusou da súa posición de poder.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?