España lidera o consumo mundial de vídeo por 3G

xoves, 2 de agosto do 2007

Un informe elaborado por Buongiorno e M-Metrics sostén que España lidera o consumo de contidos móbiles de vídeo a través de 3G superando ó resto de países europeos e, por suposto, a EE.UU. (onde a telefonía móbil de terceira xeración aínda non está moi avanzada).
España lidera así o consumo de realización, visualización e envío de fotografías e vídeo, uso do correo electrónica e descarga de tons, seguido de preto por Italia e Reino Unido, pese a que os italianos conten cunha penetración da tecnoloxía 3G do 30,8% mentres que no noso país é do 21,3%.

PUBLICIDADE