España será o país convidado na vindeira edición do CeBIT

luns, 9 de marzo do 2009

A feira CeBIT pechou este domingo en Hannover co anuncio de que España será o país convidado (partner country) na edición de 2010, de xeito que servirá como exemplo de aposta no ámbito da Sociedade da Información nos últimos anos, e permitirá unha maior participación no evento tecnolóxico, aínda que a decisión sorprende a algún que lembra que o pasado ano non tivo lugar o SIMO.

PUBLICIDADE